WIN $150 GIFT VOUCHERS: ALADDIN'S GOLD

Close Notification

Your cart does not contain any items

Salvando a Carapuchiña Vermella

Claudine Bernardes Graziela Eskelsen Ana Barbosa

$33.95   $30.23

Paperback

Not in-store but you can order this
How long will it take?

QTY:

English
La Batidora Coop. V.
23 January 2024
O Lobo Feroz vive escondido entre nós.

Gustaríache axudar a Carapuchiña Vermella?

Este conto vai dirixido ao corazón de tantas nenas e nenos feridos e silenciados, anímaos a falar: xa é hora de contar as súas historias, de buscar quen os escoite.

Lémbranos que a esperanza nos acompaña mesmo nos momentos máis arrepiantes, traendo un raio de luz a ese bosque tan escuro; móstranos que existe un camiño cara á fin da dor e cara á liberdade.

Este álbum ilustrado aborda, de forma simbólica, a violencia, o maltrato e o abuso sexual infantil (ASI).

Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), unha de cada cinco nenas e un de cada trece nenos sofre abuso sexual antes dos 17 anos. Os abusos sexuais, especialmente os perpetrados durante a infancia, condicionan a futura saúde mental, sexual e física da persoa; en moitos casos, permanecen en segredo incluso na idade adulta.

A prevención é a mellor protección contra o abuso sexual infantil. O silencio só beneficia os agresores. Se non visibilizamos o problema, non lle poderemos pór fin. Falando e superando tabús, crearemos unha sociedade máis san e segura para os nosos menores.

Polo dereito dos nenos ao respecto! Fagamos valer os dereitos fundamentais dos nenos.
By:   ,
Illustrated by:   Ana Barbosa
Imprint:   La Batidora Coop. V.
Dimensions:   Height: 279mm,  Width: 210mm,  Spine: 2mm
Weight:   122g
ISBN:   9788412687712
ISBN 10:   841268771X
Pages:   32
Publication Date:  
Recommended Age:   From 4 to 9 years
Audience:   Children/juvenile ,  English as a second language
Format:   Paperback
Publisher's Status:   Active

Claudine Bernardes ten un Mestrado en Contos e Fábulas Terapéuticas e é especialista en educación emocional a través dos contos. Actualmente é docente de Narrativa en Terapia nos posgraos do Instituto de Psicoloxía IASE Valencia. Publicou Carlota no quiere hablar, Tuá e El Almendro Triste, entre outros. Graziela Eskelsen é licenciada en Dereito, especializada en dereito de familia. Na actualidade é conselleira tutelar e actúa pola protección de menores e a prevención do abuso sexual e o maltrato infantil. Ten un Mestrado en Garantías e Dereitos dos Nenos e Adolescentes e imparte formación e charlas para docentes e familias. Ana Barbosa dedícase principalmente á ilustración de álbums infantís. Os seus libros publicáronse nos EUA, na India, no Brasil e en España. Entre os seus títulos, destacamos Hello Heaven! Is Poppy There?, The Rake vs. the Snake e B is for Belly.

See Also